Un lugar máxico para perderte na natureza pura.

Descubre este lugar en plena natureza, situado na aldea de Sanxés (A Pontenova, Lugo), na fronteira con Asturias, e sumérxete na serenidade da alta montaña, escapando do bulicio da cidade.
Esta casa de labranza, construída en 1900, destaca pola súa arquitectura autóctona de pedra, teitos de madeira de castiñeiro e cuberta de pizarra. Tras unha recente restauración en 2024, convidámoste a ser o noso hóspede e descubrir o seu encanto. Reciclamos madeiras antigas para crear mobiliario interior que combina o clásico co contemporáneo.



Descrición da casa
Con capacidade para catro hóspedes, a casa consta dunha habitación cunha cama dobre (150×190), unha habitación con dúas camas (90×190), un baño completo e cociña aberta ao salón equipada con lavadora-secadora e lavavaxillas, ademais de calefacción. Tamén temos sofá cama para dúas persoas cun suplemento de 20 € por persoa.





A vivenda tamén dispón de utensilios de cociña, tostadora, batidora, cafeteira, secador de pelo e prancha para roupa.






Normas da casa
Co fin de crear un entorno seguro, cómodo e agradable para todos os nosos hóspedes, así como para fomentar a eficiencia e garantir o cumprimento das regulacións vixentes, solicitamos amablemente aos nosos invitados que observen as seguintes normas:
Check-in a partir das 16:00 h | |
Check-out antes das 12:00 h | |
Non se admiten mascotas. | |
Non se permite fumar. | |
Non superar o número de hóspedes. | |
Notificar á persoa responsable de calquera dano ou incidente. |